En "As augas van caudais" relátase o sufrimento dun pobo a piques de ser asulagado pola construcción dun encoro .En "O xornaleiro" cóntanse as dificultades económicas do xornaleiro Manuel nunha situación na que a explotación no traballo lle atinxe mesmo aos nenos, conformando unha fatalidade que ten o seu cumio co comezo da guerra. Por último, "Os alugados" ten como escenario a colleita do trigo e o centeo en terras do centro da provincia luguesa, narrándose os problemas que xurdían arredor destes labores así como as causas polas cales a xente se desprazaba para realizar a mencionada tarefa.
FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario